Pitágoras de Samos (582 a.C. - 486 a.C)
Foi un matemático e filósofo grego. Aínda traballamos sobre ideas súas cando falamos da teoría musical ou o sistema de pesos e medidas. Foi o primeiro en soster a forma esférica da terra e en falar de "filósofo" e "teoría filosófica".
Escola pitagórica
Pitágoras fundou a Escola Pitagórica en Crotona, no sur de Italia. Era unha especie de secta na que misturábanse os rituais coa investigación, o ensino e a actividade política.
As súas ideas eran moi avanzadas para a sociedade da súa época: na escola estaban prohibidas as conductas discriminatorias e tamén estaba aberta ás mulleres e aos esclavos.
Teorema de Pitágoras
Ainda que Pitágoras sexa conocido polo teorema, non hai certeza de que o demostrara debido ao modo de funcionamenteo da escola: os coñecementos eran transmitidos oralmente e non hai materiais escritos.
Hai indicios de que o teorema era aplicado na práctica por civilizacións máis antigas ca grega, aínda que non o demostraran.